A · P · T · C · M PRESENTA
COSTA DA MORTE
RUNNER
· MANUAL DO XOGO ·
xogo.costa-da-morte.com
o xogo de Eustaquio · percorre o territorio
CDM RUNNER
01
1 · Como se xogaO obxectivo e os controis
Eustaquio percorre a Costa da Morte enteira: dende CAIÓN (o norte) ata FISTERRA, o Fin do Mundo, pasando por 27 vilas reais. Avanza cara á dereita, salva obstáculos, vence inimigos e xefes lendarios, e recolle todo o que poidas. Chega ao final de cada zona para seguir camiño. A meta: chegar a Fisterra (KM 0).
CONTROIS · TECLADO
| ← → ou A D | Moverse a esquerda / dereita |
| ESPAZO ↑ W | Saltar. No aire outra vez = dobre salto |
| ↓ + ESPAZO | Spin Dash: carga no chan e dispárate a toda velocidade |
| Z | Disparar o gancho (nas zonas onde o atopes) |
| P ou ESC | Pausa / continuar |
| M | Son: silenciar / activar |
| H ou / | Amosar a axuda e os controis |
CONTROIS · MÓBIL
| ◀ ▶ | Botóns de mover, abaixo á esquerda |
| SALTAR | Botón grande á dereita (dobre salto igual) |
| ‖ ? 🔊 | Botóns flotantes: pausa · axuda · son |
CDM RUNNER
02
2 · Movementos & vidaComo te moves e como sobrevives
MOVEMENTOS ESPECIAIS
Dobre salto
Salta unha segunda vez no aire sen tocar o chan. Para chegar máis alto e cruzar ocos grandes.
Spin Dash
No chan, agáchate (↓) e pulsa saltar: cargas potencia e sáltase nun arranque de velocidade. Ideal para coller carreira e romper inimigos en liña.
Wall slide + Wall jump
Se chocas cunha parede no aire, esvaras cara abaixo amodo. Pulsa saltar para impulsarte ao lado contrario e subir polas paredes.
Resortes (springs) e bóla rodante
Os resortes vermellos cóspente cara arriba con forza. No aire ou tras un spin dash, Eustaquio faise bóla e rompe inimigos ao tocalos.
VIDAS, ANEIS E DANO
Comezas con 3 vidas (máximo 9). Perdes unha se te toca un inimigo, se caes á auga e afogas, ou se pisas unha trampa.
- Aneis (moedas) = a túa armadura. Se che dan e levas aneis, espállanse 8 polo chan e tes uns 3 segundos para recollelos en vez de perder vida.
- Cada 1000 aneis = +1 vida extra.
- Cada 25.000 puntos = +1 vida extra (a comida e todo o que puntúa suma).
- Se non tes aneis nin escudo nin invencibilidade, o golpe lévate unha vida.
- Os star posts (postes xiratorios estilo arcade) son os checkpoints: gardan o teu progreso. Con 0 vidas = Game Over.
CDM RUNNER
03
3 · Power-upsO que recolles e o que fai cada un
OS ESENCIAIS
⭐Estrela
Invencibilidade total: atravesas inimigos sen recibir dano.
uns 5 s
👢Bota
Corres moito máis rápido durante un tempo.
uns 8 s
👕Camiseta CDM
Escudo: absorbe 1 golpe enteiro. Despois, un instante de invulnerabilidade.
1 golpe
🦪Percebes
Invencibilidade especial do percebeiro. Só no Roncudo e en Muxía.
temporal
ARMAS TEMPORAIS · do campo galego
Mentres as levas, matas aos inimigos só con tocalos (sen saltar enriba). Duran arredor de 8 segundos.
⛏️Sacho
A azada de toda a vida.
🌾Fouciño
A fouce pequena de escardar.
🌽Millo
Espiga das leiras de Dumbría.
🌿Colitro
Rama de eucalipto.
🔧Chave inglesa
A ferramenta CudtreMan.
⚔️Gadaña / Estaca
A guadaña e o pau de defensa.
CDM RUNNER
04
3 · Power-upsComida, frota e armas especiais
COMIDA · vida e puntos
🍳Tortilla
Puntos. Cada 5 = +1 vida.
🧪Botelliña máxica
Puntos + chiste.
🥞Filloas
Bos puntos (en Lires).
🦪Mexillóns
Puntos (en Cee).
🍵Beberaxe máxica
A poción da casa. Puntos + chiste.
🧢Gorra CDM
Snapback negro con skull fucsia. +200 puntos e Eustaquio pona posta. ~2 por vila. Xunta 5 = logro.
Coleccionables de cociña galega que dan puntos e o logro Gastrónomo: berza, caldiño, bocata de chourizo, queixo, cafeíño e rabisas (grelos).
A FROTA · 16 vehículos galegos
Cada vehículo cambia a túa velocidade. Reúneos todos e desbloqueas o logro «Toda a frota!» (+5000 puntos).
Piaggio Ciao (a moto de Pilar) · EBRO Roxo · Motoretta · Renault 4 · Citroën 2CV · Vespino · patinete eléctrico · cabalo galego · burra con cestas · carro de vacas · segadora · motocultor · triciclo Rabasa · carriño da avoa...
🛶Dorna galega
A barca tradicional: cruza a auga sen afogar.
🤿Escafandra
Traxe de mergullo: nada por baixo da auga.
🪃Boina-Frisbee
Arma boomerang orbital. En 3 zonas (Malpica, Vimianzo, Carnota).
orbita uns 12 s
🪝Gancho (Z)
Arma gancho. En 3 zonas. Dispárase coa tecla Z.
uns 8 s
🛹California Pro Skate
A táboa DTHCST con lixa fucsia neón. Cámbiache a táboa de surf e dá +800 puntos. Desbloquea o logro SKATER (vai por libre, non conta para «a frota»).
CDM RUNNER
05
4 · Inimigos & xefesA bestiaria da Costa da Morte
Os inimigos véncense saltando enriba deles, ou tocándoos cunha arma temporal. Os comúns: cangrexos, gaivotas, medusas, meigas, trasnos e pantasmas da Santa Compaña. O raro polbo de ouro dá +1000 puntos.
XEFES LENDARIOS · mitoloxía real da CDM
Cada zona clave garda un xefe sacado das lendas verdadeiras do territorio. Sálta enriba varias veces ata baixarlle toda a vida:
- O Vákner - a besta de Dumbría (documentada en 1492)
- A Reina Lupa - no Olimpo Celta do Monte Pindo
- A Xerpa - a muller-serpe do río Anllóns (Ponteceso)
- A Serea de Laxe e a Orcavella de Fisterra
- Os Trasnos do Castelo de Vimianzo
- O HMS Serpent - o navío fantasma de Arou (1890)
- O Temporal de Fisterra - o xefe do Fin do Mundo
COLECCIONABLES
- Camisetas CDM (30) e gorras (2 por zona): visten a Eustaquio.
- Campás (27): unha por zona, agochada arriba. Premio por explorar.
- Lixo do mar / crebas: recólleo para limpar as praias. Hai quests de limpeza con boa puntuación. (concienciación real)
- Tesouros agochados no lixo: entre as crebas aparecen pezas con retranca (Nokia 3310, Magno, Sargadelos, Faro de Vigo, balón do Dépor...). Xunta 3 iguais e estoupa un combo con premio (a Nokia faite indestructible un intre). Secuencia secreta Nokia → Boina → Magno → Faro → Dépor = Modo Taberna.
- Pezas únicas de cada vila: a vieira de Muxía, a gota do Ézaro e a luz do mar de Cee. Brillan, son raras e dan puntos extra.
CDM RUNNER
06
5 · As 27 vilasO percorrido oficial APTCM, de Caión a Fisterra
01 CAIÓN · Punta Norte
02 MALPICA · Faro Nariga
03 PONTECESO · Pondal
04 CORME · Vila mariñeira
05 O RONCUDO · percebeiro
06 CABANA · Torres do Allo
07 CARBALLO · vila de mercado
08 CORISTANCO · a montaña
09 LAXE · praia e dunas
10 TRABA · a lagoa
11 ZAS · BAIO · o souto
12 CAMARIÑAS · Cabo Vilán
13 CAMELLE · o Alemán
14 AROU · os naufraxios
15 VIMIANZO · o Castelo
16 CARNÉS · o pan
17 MUXÍA · a Barca
18 TOURIÑÁN · o cabo
19 LIRES · a ría secreta
20 MAZARICOS · o dolmen
21 DUMBRÍA · o Xallas
22 CARNOTA · a praia +7km
23 O PINDO · Olimpo Celta
24 ÉZARO · a fervenza
25 CEE · Mar de Ardora
26 CORCUBIÓN · casas de cores
27 FISTERRA · O FIN DO MUNDO
Boa sorte, peregrino. Nos vemos no KM 0.
xogo.costa-da-morte.com
CDM RUNNER
07