Eustaquio Runner · Costa da Morte the Game

Arcade retro pixel art por 27 pobos reais da Costa da Morte

Eustaquio Runner é un xogo arcade gratuíto creado por DTHCST desde Vimianzo (Costa da Morte, Galicia). Co-deseñado por unha nena de 7 anos. Recorre 27 pobos reais da Costa da Morte coa moto de Pilar, recolle 16 vehículos galegos auténticos e desbloquea 30 logros.

27 pobos reais da Costa da Morte

16 vehículos galegos auténticos

Mitoloxía galega real no xogo

VÁKNER (besta lendaria documentada polo bispo armenio Mártir de Adzenján na súa peregrinación a Santiago en 1492), A BUSERANA (Furna de Lourido en Muxía, López Abente 1925), ORCAVELLA (bruxa-ogresa do Monte Facho en Fisterra, Silva Curiosa 1583), Meigas, Trasnos, Sacauntos, Urco do Xallas, Bestas do monte, Pantasmas da Santa Compaña.

Lugares emblemáticos visitables

Faguía de San Cristovo de Carnés (festa popular 10 de xullo), Pazo Torres do Allo (Cabana), Cabana azul de Manfred Gnädinger (Camelle), Cruces conmemorativas dos percebeiros do Roncudo, Souto de castaños de Zas, Dorna varada en Lires, Dolmen ritual celta de Mazaricos, Ara Solis en Fisterra (FIN DO MUNDO), Faro de Cabo Vilán, Castelo de Vimianzo, Santuario da Virxe da Barca de Muxía, Fervenza do Ézaro, Hórreo máis longo de Galicia en Carnota.

Como xogar

Gratis. Sen descargas. Sen contas. Funciona en navegador (PC, móbil, tablet). Controles: frechas/WASD para mover, espazo/W para saltar. En móbil controles táctiles. Sistema de high scores local con 6 iniciales.

Marca e legado

Eustaquio Runner é parte do ecosistema DTHCST (Death Coast) creado por Martin Caamaño Castiñeira desde Vimianzo. Marca COSTA DA MORTE # DEATH COAST rexistrada na OEPM (M4317104 + M4363693). Non somos moda. Somos legado.

Xoga gratis en: eustaquio.costa-da-morte.com · xogo.costa-da-morte.com · game.costa-da-morte.com · play.costa-da-morte.com