A calavera con olliño cyan e bandeira galega. Mascota oficial CDM. Faino todo: surf, skate, traballa o eido, peregrina, e solta peidiños.
Esto é Eustaquio Runner. Pixel art puro 480x270. Funciona xa no teu navegador.
Cada pobo ten o seu propio escenario, paleta, e atmósfera. Capturas directas do xogo.






Tódolos bosses están baseados en lendas e feitos históricos reais da Costa da Morte. Nada inventado.
Muller-serpe que seduce e arrastra aos mariñeiros no Pozo da Xerpa, desembocadura do río Anllóns.
San Adrián converteu en pedra ás serpes da costa de Corme. Gondomil.
Círculo lítico do Monte Neme onde as bruxas se xuntaban na noite de San Xoán. Despois cristianizado coa capela de Santa Cristina.
O canto que arrastra aos mariñeiros aos cantís.
Vila somerxida na Lagoa de Traba. Santiago Apóstolo predicaba alí e os veciños desouvírono. A aldea afundiuse para sempre coa anciá única superviviente.
Naufraxio histórico do 24 de novembro de 1890. 175 ánimas inglesas no Cemiterio dos Ingleses, Punta do Boi.
Os pícaros do Castelo medieval do século XII.
Florinda chama a Buserán dende a Furna. O trovador e a filla do señor do castro de Xansón fundíronse co mar. As ondas en temporal aínda gardan o estruendo.
Besta atestiguada por escrito polo bispo armenio Mártir de Adzenján na súa peregrinación a Santiago en 1492. Encontro en O Marco do Couto (Os Buxantes), camiño a Fisterra.
A raíña dos lobos do Olimpo Galego, monte sacro celta. Palacio en Pedrullo.
Can espectral que anuncia a morte sobre o Mar de Ardora bioluminescente.
Bruxa-ogresa de 176 anos que asolou a Costa da Morte. Mata coa mirada, vólvese invisible. Enterrouse viva entre as peñas do Monte Facho rodeada de serpes.
Sobrevive ao Fin do Mundo coñecido. As tormentas que crearon o nome "Costa da Morte".
Caión → Fisterra. Norte a sur peregrinando ata o Fin do Mundo coñecido.
Dende o Piaggio Ciao da Pilar ata unha lancha por terra. Sprites pixel art renderizados en directo.
Comida real da Costa da Morte que dá poderes reais ao Percebeiro.
"O PERCEBEIRO INDOMABLE". Eustaquio cómeos e queda invencible 5 segundos. Soan as fanfarrias. Só nas zonas reais: O Roncudo (Corme) e Punta da Barca (Muxía).
Tapiña polo camiño. +200 puntos por tortilla e cada 5 tortillas comidas = +1 vida. Repartidas polas vilas con cociña popular.
Teclado clásico. Funciona en escritorio e móbil (touch automático).
De experimento a aplicación operativa. Estes son os fitos clave do desenvolvemento.
Eustaquio Runner é só un dos +60 xogos da nosa máquina arcade física. Cabinet orixinal restaurada con LEDs RGB, máquina de fume e branding CDM. Alquilámola para eventos, bodas, festivais e bares por toda Galicia.
★ Insert coin to continue ★
PRESS START